

As Escolas Celta360 arrancan unha nova tempada con ilusión renovada e unha nova identidade que representa a evolución do proxecto de formación do Celta.
A esencia, con todo, permanece intacta: aprender, gozar e medrar a través do fútbol, seguindo a metodoloxía celeste e os valores que caracterizan ás Escolas Celta360.

Nenos e nenas de 4 a 16 anos volverán compartir adestramentos, experiencias e momentos inesquecibles arredor do balón. Unha nova tempada na que cada xogador e xogadora poderá seguir desenvolvendo as súas capacidades, aprendendo dentro e fóra do terreo de xogo e, sobre todo, desfrutando da súa paixón polo fútbol.
As Escolas Celta360 ofrecen diferentes modalidades de adestramento adaptadas ás idades e necesidades dos participantes, cunha proposta pensada para que cada neno e nena poida avanzar ao seu ritmo nun ambiente de aprendizaxe e diversión.
Comeza así un novo curso cheo de ilusión, fútbol e ganas de medrar. Un novo capítulo para as Escolas Celta360, coa mesma esencia celeste de sempre.
