

As instalacións deportivas da Madroa acolleron a primeira xornada de competición amistosa do grupo de adestramento Iniciación Miudiños Celta360, dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 6 anos. Esta primeira experiencia competitiva reuniu os pequenos das nosas dúas sedes: A Madroa e o Campo Federativo de Coia.
Como sempre, o resultado foi o de menos. Todos foron gañadores e gozaron dunha magnífica mañá de aprendizaxe futbolística, diversión e convivencia cos seus compañeiros. Ademais, estiveron acompañados por algúns dos seus familiares, que tamén gozaron da xornada animando os pequenos e compartindo grandes momentos de fútbol. Foi unha ocasión perfecta para comprobar a notable evolución que todos están experimentando grazas ao proceso de adestramento que se desenvolve en Escolas Celta360.
É unha enorme satisfacción compartir o día a día con todos eles nos adestramentos e comprobar as súas ganas de aprender, a paixón que amosan polo fútbol e a precoz afección que senten polo Celta.