celta360-logotipo-negativocelta360-logotipo-negativocelta360-logotipo-negativocelta360-logotipo-negativo
  • Celta360
    • Formación
      • Colexio Internacional Americano
      • Centro de excelencia de FP Universidade do Deporte
      • Residencia
      • Coliving
    • Saúde
      • Clínica
    • Ocio
      • Mini Estadio
      • Anel Experiencial
    • Turismo
      • Hotel
    • Deporte
      • Cidade Deportiva Afouteza
      • Oficinas Celta
      • A Canteira
    • Hub Innovación
      • Celta360play
      • Centro Eventos
  • Ecosistema
  • Novas
  • Contacto
Celta360 da un paso máis cun novo acordo da man do Concello de Mos
10 Decembro 2025
O Celta e o Wakatake Group renovan o seu convenio de colaboración e amplían horizontes internacionais xunto a TFL
23 Xaneiro 2026

Celta, Universidade de Vigo e EUSES-Vigo reforzan a súa alianza para impulsar Celta360

18 Decembro 2025
Categories
  • Novas
  • Uncategorized @gl
Tags

O Celta e a Universidade de Vigo formalizaron un novo acordo de colaboración no marco do proxecto Celta360, consolidando unha relación que une deporte, educación, investigación e comunidade. Esta iniciativa desenvolverase da man de EUSES Vigo, pertencente ao grupo metrodora, que xa participa na dimensión académica do proxecto, e que terá como obxectivo axudar a ofrecer unha formación universitaria de calidade en unhas instalacións de vangarda. Con esta alianza, Celta360 non só ampliará o seu impacto formativo, senón que tamén contribuirá ao desenvolvemento deportivo, tecnolóxico e comunitario da rexión, construíndo un espazo onde aprendizaxe, investigación e deporte se reforcen mutuamente para o beneficio de todos.

O convenio establece que o Celta, a través de Celta360, colaborará coa Universidade de Vigo para promover actividades conxuntas en educación, investigación e desenvolvemento comunitario. O acordo formaliza a adscrición do proxecto á Universidade, o que permitirá que, unha vez autorizadas polas autoridades competentes, se impartan ensinanzas conducidas á obtención de títulos oficiais expedidos pola Universidade de Vigo. Ademais, ambas as partes traballarán en programas de investigación e organizarán seminarios, conferencias e obradoiros, compartindo instalacións, laboratorios e recursos bibliográficos segundo as necesidades académicas, nunha colaboración que pon en valor a importancia da Universidade de Vigo como centro de coñecemento e que reforza a aposta do club pola formación e o desenvolvemento integral das persoas.

Marián Mouriño, presidenta do Celta, subliñou que desde o club están “moi contentos por acadar este acordo entre as tres partes: metrodora, coa súa ampla proxección nacional e internacional, a través do seu centro universitario EUSES; e a Universidade de Vigo, que aporta ese selo de calidade que queremos garantir en todo o que ofrecemos. Tres institucións serias unidas nun proxecto formativo de gran relevancia para Galicia“. Pola súa banda, Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, tamén sinalou que están “moi ilusionados con este novo acordo. É un orgullo e unha alegría colaborar da man do Celta. Hai non moito tempo tivemos un para o desenvolvemento das escavacións arqueolóxicas que se realizaron aquí, e agora estamos sentando as bases para un centro adscrito no que se impartirá docencia que será moi complementaria á que ofrece a Universidade de Vigo, cun alto nivel de calidade e utilidade para a sociedade“. Así mesmo, Jordi Roche, presidente de metrodora, valorou esta colaboración como “un paso importante, xa que esta relación permitirá formar a futuros profesionais —nos ámbitos da tecnoloxía dixital, do deporte e a saude— que acheguen un valor engadido non só ao Celta, senón tamén ao territorio. Trátase dun proxecto de alto nivel formativo, coa vocación de xerar coñecemento que impulse aínda máis o desenvolvemento de Vigo e o seu contorno“.

Este acordo reforza o compromiso do Celta coa excelencia educativa e social, aliñándose cos valores de Celta360, un proxecto integral que aspira a ser un referente en deporte, saúde, sustentabilidade e innovación, xerando emprego, fomentando a investigación e ofrecendo formación especializada que conecte o mundo académico coa práctica profesional.

Compartir

Related posts

23 Xaneiro 2026

O Celta e o Wakatake Group renovan o seu convenio de colaboración e amplían horizontes internacionais xunto a TFL


Read more
10 Decembro 2025

Celta360 da un paso máis cun novo acordo da man do Concello de Mos


Read more
12 Novembro 2025

O Dr. Manuel Viso visita a Cidade Deportiva Afouteza


Read more

QUERES COLABORAR
CON NÓS?

FALEMOS!

Atópanos

Dereitos de autor ®2024 Todos os dereitos reservados RC Celta- Termos legais · Política de cookies · Política de privacidade
  • Spanish
  • English
  • Galego
Gestionar el Consentimiento de las Cookies
Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio.
Funcional Sempre activo
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar proveedores Ler máis sobre estes propósitos
Preferencias
{title} {title} {title}