
Xa están abertas as inscricións para os CLINICS DE NADAL 2026 organizados polo Celta que durante 6 días levarán a cabo por diferentes sedes repartidas pola xeografía galega: martes 22, mércores 23, xoves 24, luns 28, martes 29 e mércores 30 de decembro.
As sedes confirmadas son as seguintes:
Na sede da Madroa, tamén teremos a modalidade de CLINIC PORTEIROS SERGIO ÁLVAREZ (para a posición específica de porteiros) e CLINIC AS CELTAS (exclusivamente feminino), durante os 6 días.
Nas sedes de 6 días tamén hai posibilidade de inscribirse 3 días (Martes 22, mércores 23 e xoves 24 ou Luns 28, martes 29 e mércores 30).
Anímate a disfrutar do teu deporte favorito adestrando segundo a metodoloxía da canteira do Celta, equipo de futbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de xogadores novos tanto a nivel nacional como internacional. Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación persoal, e moita diversión como debe corresponder a esta época vacacional.
Un AGASALLO DE NADAL excepcional que fará feliz a moitos nenos/as que sexan apaixonados do futbol e do CELTA
Todos os participantes recibirán como regalo unha BOLSA CELTISTA que inclúe gymsac, camiseta conmemorativa do CLINIC, pulseira e postal de xogador do CELTA.
As prazas son limitadas así que non dubides en anotarte canto antes para asegurarte a praza e gozar ao grande do futbol da man do CELTA. As inscricións estarán abertas ata 5 días antes do inicio da actividade. A través da propia web do CELTA poderás tramitar a inscrición en sinxelos pasos guiados.
Máis de 25 anos de experiencia na organización deste tipo de actividades aválannos con excelentes resultados recoñecidos por todos os participantes.
Para obter máis información sobre os clinics e tramitar as inscricións débese acceder á ligazón CLINICS NADAL
