
Os mozos futbolistas que formen parte de A Canteira Experience, o programa internacional de desenvolvemento deportivo integrado en Celta360, vivirán unha experiencia aínda máis inmersiva e próxima ao fútbol profesional grazas ás novas equipacións deseñadas exclusivamente para eles.
Todos os participantes contarán con roupa oficial de Hummel, provedor técnico oficial do Celta, tanto para as sesións de adestramento como para os momentos de paseo e convivencia fóra do terreo de xogo. Unha equipación creada para acompañar aos xogadores no seu día a día e reforzar o sentimento de pertenza a unha experiencia única de formación e crecemento deportivo.
Ademais, cada peza incorporará un elemento especialmente diferencial: as iniciais personalizadas de cada xogador xunto coa bandeira do seu país de orixe serigrafadas na equipación. Un detalle que non só achega unha imaxe máis profesional e coidada, senón que tamén pon en valor o carácter internacional do programa e a diversidade cultural que convive en A Canteira Experience.
Esta personalización converte cada equipación en algo máis ca roupa deportiva: é unha forma de identidade, de pertenza e de conexión cunha experiencia deseñada para que os mozos futbolistas se sintan parte dun contorno de alto rendemento desde o primeiro día.
Con esta iniciativa, A Canteira Experience continúa reforzando a súa aposta por ofrecer unha vivencia cada vez máis completa, inmersiva e próxima á realidade do fútbol profesional, coidando cada detalle dentro e fóra do campo para potenciar o desenvolvemento deportivo e persoal dos seus participantes.