

As obras de Celta360 continúan avanzando a moi bo ritmo, consolidando un dos proxectos estratéxicos máis ambiciosos do club. O edificio mixto, o edificio Celta e os terreos do futuro miniestadio amosan xa unha evolución significativa, permitindo visualizar a dimensión do ecosistema que transformará a contorna.
Cada novo fito na construción achega o obxectivo marcado para o verán de 2027, data na que estas infraestruturas estarán finalizadas e listas para abrir unha nova etapa de crecemento e innovación para a entidade.
Cada día que pasa estamos un paso máis preto de comezar unha nova era no club, algo que xa perciben moitos dos colectivos que compoñen a nosa comunidade. En base a iso e debido ao interese amosado nos avances do proxecto, xa foron varias as entidades que quixeron visitar in situ as obras que acabarán dándolle forma ao novo ecosistema celeste.