celta360-logotipo-negativocelta360-logotipo-negativocelta360-logotipo-negativocelta360-logotipo-negativo
  • Celta360
  • Ecosistema
    • Formación
      • Colexio Internacional Americano
      • Centro de excelencia de FP Universidade do Deporte
      • Residencia
      • Coliving
    • Saúde
      • Clínica
    • Ocio
      • Mini Estadio
      • Anel Experiencial
    • Turismo
      • Hotel
    • Deporte
      • Cidade Deportiva Afouteza
      • Oficinas Celta
      • A Canteira
    • Hub Innovación
      • Celta360play
      • Centro Eventos
  • Novas
  • Contacto
  • Galego
A segunda fase de Celta360 estará operativa en 2027 cos seus dous primeiros edificios
30 Marzo 2026

O Celta abre ao mundo o seu modelo de canteira con A Canteira Experience

31 Marzo 2026
Categories
  • Novas
Tags

O programa, integrado en Celta360, permitirá a mozos de todo o mundo adestrar baixo a metodoloxía do club, competir na súa estrutura e combinar fútbol e formación académica de prestixio en Vigo e a súa área metropolitana

O Celta dá un paso máis na súa estratexia de internacionalización co lanzamento de A Canteira Experience, un programa deseñado para atraer e desenvolver talento futbolístico de todo o mundo dentro da estrutura do club. Integrado no ecosistema Celta360, este proxecto nace cunha vocación clara: converter Galicia, e máis concretamente Vigo e a súa área metropolitana, nun destino de referencia internacional para a formación integral de futbolistas. O obxectivo do club é abrir o seu modelo de canteira ao talento global e posicionarse como un actor relevante no desenvolvemento de futbolistas a nivel internacional.

“A Canteira Experience é a esencia do Celta. Con este programa damos un paso máis: abrir o noso modelo ao talento internacional e ofrecer unha experiencia real de desenvolvemento dentro dun club da LaLiga e con presenza en Europa. Queremos que Vigo sexa un punto de encontro para mozos futbolistas de todo o mundo”, sinalan desde o club. A través deste programa, mozos xogadores internacionais terán a oportunidade de adestrar baixo a metodoloxía oficial do Celta, compartir dinámicas con equipos de canteira e ser avaliados nun contexto real dentro dun club que compite na LaLiga e na UEFA Europa League. Ademais, poderán formar parte dun equipo propio, Celta360, que competirá como un conxunto máis dentro da estrutura do club a partir da tempada 2026/2027.

Máis alá do desenvolvemento deportivo, A Canteira Experience pon o foco nunha formación integral. Os participantes combinarán o seu crecemento futbolístico con itinerarios académicos adaptados, que inclúen Educación Secundaria, Bacharelato Nacional e Internacional no Colexio Los Sauces, institución educativa incluída na lista dos 100 mellores colexios segundo Forbes, así como distintas opcións formativas na Universidade de Vigo. O programa complétase con formación en idioma e cultura española para facilitar a integración dos xogadores.

Un proxecto con alcance global

Nas últimas tres tempadas, este modelo, ata agora baixo a marca Celta Academy, reuniu a preto de 400 xogadores procedentes de 53 nacionalidades diferentes, consolidando o crecemento internacional do proxecto. Países como Alemaña, Brasil, Estados Unidos, Xapón, México ou Reino Unido formaron parte do programa, xunto a outros mercados emerxentes no fútbol global como Ghana, Tanzania, Uzbekistán ou Líbano. O impacto do modelo reflíctese tamén na progresión deportiva dos seus participantes, con xogadores que deron o salto a estruturas profesionais ou a equipos de canteira do club, como Joseph JR (Tanzania), Yua Kamiyama (Xapón) ou Isaías Abuabara (Panamá), entre outros.

Con A Canteira Experience, o Celta non só impulsa a súa estratexia internacional, senón que abre a súa metodoloxía e estrutura ao talento global, reforzando o seu posicionamento como un dos clubs máis activos no desenvolvemento internacional de talento en contornas profesionais.

Máis información en: www.acanteiraexperience.gal

Compartir

Related posts

30 Marzo 2026

A segunda fase de Celta360 estará operativa en 2027 cos seus dous primeiros edificios


Read more
13 Marzo 2026

O Olympique Lyonnais tivo a oportunidade de coñecer parte da experiencia Celta360


Read more
27 Febreiro 2026

Celta 360 segue impulsando a súa proxección internacional coa visita do PAOK


Read more

QUERES COLABORAR
CON NÓS?

FALEMOS!

Atópanos

Dereitos de autor ®2024 Todos os dereitos reservados RC Celta- Termos legais · Política de cookies · Política de privacidade
  • No translations available for this page
Gestionar el Consentimiento de las Cookies
Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio.
Funcional Sempre activo
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar proveedores Ler máis sobre estes propósitos
Preferencias
{title} {title} {title}